CORPORATIVO

Mondariz Verde

Unha compañía pioneira en materia de sustentabilidade

No ano 2007, a compañía pon en marcha o proxecto Mondariz Verde orientado a implementar melloras que supoñan un beneficio ambiental. Este proxecto veuse consolidando durante os últimos anos, convertendo a Aguas de Mondariz na primeira empresa española do sector en lograr os diferentes certificados internacionais de calidade. 
O uso da última tecnoloxía en envases de PET reciclables permitiu reducir o consumo de plástico en máis de 3.500 toneladas ao ano. (o que equivaldría a facer 17,4 millóns de camisetas XL).
Grazas á introdución de melloras nos sistemas produtivos de envasado, recirculación e limpeza, logrouse reducir o consumo de preto de 230 millóns de litros de auga durante os últimos 10 anos. Este aforro equivalería ao consumo de 92 millóns de persoas ou ao consumo de todos os habitantes de Galicia durante 33 días.

A redución da gramaxe nas caixas de cartón permitiu reducir o consumo deste material en máis de 100 000 quilos, o que equivale a evitar cortar 549 árbores. Doutra banda, a reutilización das arcas de preformas logrou reducir o consumo de cartón en 128 toneladas anuais (desta xeito evitouse en 8 anos cortar 5109 árbores e a emisión á atmosfera de 919 toneladas de CO2).

A eliminación de varios formatos de pouca rotación por outros máis novos permitiu aforrar ao longo de 2011 máis de 121 toneladas de materiais, o mesmo peso ca unha balea azul adulta.

A redución do uso de tintas nas etiquetas dos envases PET supón unha diminución do disolvente empregado de 7050 kg/ano (esta cantidade equivalería ás emisións dun avión comercial voando 3100 quilómetros, ou ás emisións dun camión percorrendo 33 400 quilómetros, ou ao potencial de absorción dese CO2 por parte de 83 árbores).

Grazas á promoción de envases de gran capacidade como fórmula para reducir a cantidade de envases que se poñen no mercado, logrouse reducir do consumo de 1710 toneladas no peso dos envases, que equivalería á cantidade de residuos xerados ao ano por 1543 vivendas de calquera zona rural de Galicia.

A introdución dunha nova botella de vidro e da caixa de 18 botellas permitiu que este novo formato de 750 cl supoña aumentar a capacidade por caixa un 12,5 % (un 50 % máis de envases por caixa), o que achega unha eficiencia considerable en toda a cadea: almacén, transporte e repartición, á vez que lle ofrece aforro de espazo ao hostaleiro. É destacable a redución de emisións de CO2 por litro que representa este novo formato no seu transporte e distribución.