Slide

A certificación ao sabor máis prestixiosa do mundo

SUPERIOR TASTE AWARD Máis de 200 dos máis reputados xefes de cociña e sommelieres do mundo catan a cegas cada produto para garantir unha avaliación obxectiva e independente. Cada ano, o INTERNATIONAL TASTE INSTITUTE de Bruxelas, líder mundial en avaliación e certificación de alimentos e bebidas, certifica os produtos de maior calidade con tres estrelas ao sabor superior.

Slide O PROCESO
Unha vez que se realiza a cata, os produtos que conseguen unha puntuación superior ao 70 % por parte do xurado obteñen unha ou dúas estrelas ao sabor superior. Só as bebidas cualificadas cunha puntuación por encima do 90 % son certificadas coas tres estrelas Superior Taste Award da institución belga.

Slide Primeira auga do mundo en obter 2 Diamond do International Taste Institute AGUAS DE MONDARIZ Ata o de agora, o máximo recoñecemento que concede a institución é o Diamond Taste Award. Outórgaselles aos produtos galardoados con tres estrelas en sete ocasións durante un período de dez anos.

Aguas de Mondariz cumpre folgadamente con estes requisitos. Tanto é así, que foi a primeira auga do mundo en obter 2 Diamond Taste Awards.