Fin dun ciclo e continuación

CAPÍTULO II

Tras a morte dos dous irmáns Peinador (Enrique en 1917 e Ramón en 1928), o control da empresa pasa definitivamente aos membros da seguinte xeración. Prodúcese unha reorganización desta e a ampliación de socios, o que pon fin a unha etapa e a un proxecto persoal.

Historia

NOVA SOCIEDADE

Cambio de modelo

“Augas de Mondariz Establecemento mineiro-medicinal dos Señores Hijos de Peinador”, convértese en “Augas de Mondariz S.A.”, Enrique Peinador Lines, fillo dun dos fundadores seguirá exercendo como xerente da mesma. Coa ampliación de socios entra a formar parte da empresa o Banco Pastor.

1932

Anos difíciles NOVA SOCIEDADE Punto de inflexión

O estalido da Guerra Civil en 1936 aumenta aínda máis o cambio de período da empresa, acentúase o declive do estilo de vida burgués e o balneario cae en desuso.
Algunhas das obras que se iniciaron paralízanse por completo e edificios como o Gran Hotel convértense en hospital militar.
Algunhas das obras que se iniciaron paralízanse por completo e edificios como o Gran Hotel convértese en hospital militar.

1940 - 1950

Despois da guerra restablécese aos poucos a actividade en Mondariz. Aparecen novos formatos para satisfacer a cada vez maior demanda dos consumidores.

1940 - 1950

Mondariz continúa traballando e retomando proxectos: Fuente del Val comeza a ter un lugar destacado entre as augas comercializadas ao longo da segunda metade do século XX. Nestes anos do século XX era habitual ver camións de repartición que distribuían as botellas barrio por barrio por toda a Península Ibérica.

Fuente del Val

A NOSA SEGUNDA MARCA

1940 - 1950

CAPÍTULO I Orixe e expansión Fin dun ciclo CAPÍTULO II Renacemento CAPÍTULO III DESCARGA A NOSA HISTORIA EN PDF