Declaración de utilidade pública
O PUNTO DE PARTIDA
As augas obteñen a declaración de utilidade pública e comeza así a historia da marca. O embotellado das augas dos mananciais de Gándara e Troncoso, xunto coa transformación dun espazo natural sobre o que se asenta o balneario, converte a vila nun destino de peregrinación para os que van tomar as augas nesa época.
Tras máis de trinta anos vendéndose como augas mineiro-medicinais en tendas de botica, iníciase a súa comercialización baixo a marca Aguas de Mondariz.
Vila termal
UNHA XOIA NO CORAZÓN DE GALICIA
Un ano antes, Enrique Peinador Lines sucede a seu pai Enrique Peinador Vela á fronte da empresa. Unha vez que se afirman as bases do balneario e a construción do Gran Hotel, os Peinador emprenden proxectos de maior envergadura destinados a converter Mondariz nun gran centro modélico de lecer e saúde. A construción do tranvía Mondariz-Vigo ou as obras do arquitecto Antonio Palacios como o hotel-sanatorio, o edificio «La Baranda» e a nosa grande icona, o pavillón de Gándara, configuran un lugar idílico e reordenan un novo espazo para o balneario e a vila.