CON GAS SEN GAS AGUAS DE MONDARIZ

Auga mineral natural

Unha auga mineiro-medicinal equilibrada, de orixe pura, de granito antigo, que proporciona brillos dourados e amplifica a súa transparencia cristalina. A súa textura fina e amable dálle unha sensación táctil de frescor cunha entrada en boca sedosa que evoluciona de forma elegante.

Unha viaxe ás orixes A NOSA HISTORIA Entender a excelencia de Aguas de Mondariz é entender a súa historia e percorrido de máis de 145 anos. Desde o descubrimento do manancial polos irmáns Peinador, pasando pola evolución e consecución das súas botellas, publicidade e recoñecementos, a marca modernizouse e reinventouse sen renunciar ás súas orixes. Dende 1873

Único no mundo
Privilexio da natureza EXTRACCIÓN Os mananciais sitúanse na bacía hidroxeográfica do río Tea, afluente do Miño, nos municipios de Mondariz e Mondariz Balneario, dúas pequenas poboacións ao sur de Galicia (España). Esta zona está dentro do proxecto europeo Rede Natura 2000, unha rede de áreas de protección e conservación da biodiversidade, debido á súa riqueza natural.

A certificación ao sabor máis prestixiosa do mundo

SUPERIOR TASTE AWARD Máis de 200 dos máis reputados xefes de cociña e sommelieres do mundo catan a cegas cada produto para garantir unha avaliación obxectiva e independente. Cada ano, o INTERNATIONAL TASTE INSTITUTE de Bruxelas, líder mundial en avaliación e certificación de alimentos e bebidas, certifica os produtos de maior calidade con tres estrelas ao sabor superior.

Máis ca un gran reserva

UN TESOURO BAIXO TERRA

Único no mundo 150 anos

A natureza granítica do substrato polo que transitan as augas confírelle unhas calidades intrínsecas e beneficiosas para a saúde. Trátase de augas moi antigas, cuxos tempos de estancia no acuífero oscilan entre os 60 e os 150 anos, e brotan cunha temperatura constante de 16,5º ao longo de todo o ano.

Primeira auga do mundo en obter 2 Diamond do International Taste Institute AGUAS DE MONDARIZ Ata o de agora, o máximo recoñecemento que concede a institución é o Diamond Taste Award. Outórgaselles aos produtos galardoados con tres estrelas en sete ocasións durante un período de dez anos.

Aguas de Mondariz cumpre folgadamente con estes requisitos. Tanto é así, que foi a primeira auga do mundo en obter 2 Diamond Taste Awards.

MEDIO AMBIENTE

Compromiso coa nosa contorna

A protección do medio é unha prioridade na xestión de Aguas de Mondariz. Apostamos polo desenvolvemento sustentable dos nosos procesos e actividades para minimizar o impacto. Conscientes do noso compromiso, queremos devolverlle á nosa contorna todo aquilo que nos regalou.